Lalín, Silleda e Melide permanecerán neste mesmo nivel e o resto de municipios das catro comarcas continuarán no mínimo
Laura Moure/Deza/Terra de Melide
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19 acaba de acordar, hoxe martes, o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Cambados, Laza e Padrón.
Así mesmo, determinou o nivel alto nos municipios de Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa.
Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Ames, Barbadás, Betanzos, Bueu, Carballeda de Valdeorras, Carral, Cerdedo-Cotobade, Chantada, Cualedro, Cuntis, Fisterra, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Melide, Moaña, Moraña, Noia, Ordes, A Pastoriza, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas, Santiso, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño e Valga. Cabe mencionar que Lalín, Silleda e Melide xa levan días neste nivel, mentres que Santiso, despois de semanas libre de coronavirus, ten entre 1 e 9 afectados, tal e como informou hoxe o Sergas, razón pola que entrará este venres no nivel medio. Así o peche dos bares é ás once da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Os restaurantes que cumpran os requisitos estipulados poden pechar a 1:00 horas.
No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas deste venres,14 de maio.
O Centro de Saúde de Santiso.
Autor: Ecos da Comarca.
ความคิดเห็น