San Valentín: O amor non ten unha soa forma…
- ecosdacomarca

- hace 41 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Hoxe é 14 de febreiro, San Valentín! E sei o que moitos estades a pensar: agasallos, ceas románticas, plans en parella... Pero e se vos digo que o amor é moito máis ca iso?

Hoxe quero convidarvos a celebrar o amor en todas as súas formas. Porque o amor non é só para a túa parella.
Publicidade
É o cariño que sentes polos teus pais, eses que sempre estiveron aí. É o amor incondicional da túa mascota, que te recibe movendo o rabo cada día. É o amor polos teus amigos, a túa familia elixida.
E sabedes que? Este sentimento tan grande non debería celebrarse só un día ao ano. Debería ser algo de todos os días. Unha mensaxe, unha chamada, un xesto...
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Porque o amor, o de verdade, demóstrase cada día. Así que hoxe, e sempre, quere moito e déixate querer.







Comentarios