top of page

Samba será repatriado grazas á solidariedade veciñal de Rodeiro tras recadar 8.000 euros

Ecos da Comrca/Rodeiro

A mobilización solidaria do pobo de Rodeiro conseguiu o seu obxectivo en tempo récord: tras o falecemento Samba o pasado domingo, poderá ser repatriado á súa terra natal xunto á súa familia en Senegal. A resposta da veciñanza e das persoas colaboradoras foi exemplar, demostrando unha vez máis que a unión arredor dunha causa xusta pode facer posible o que parecía difícil.

Samba. (Foto cedida).
Samba. (Foto cedida).

Segundo informou hoxe o Concello de Camba, a recadación necesaria para facer fronte aos custes da repatriación completouse con rapidez, nunha mostra de compromiso colectivo que enche de orgullo á comunidade local. A solidariedade volveu situarse no centro da vida social do municipio.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Información importante sobre a campaña

  • O diñeiro que supere os custes da repatriación será enviado integramente á familia de Samba en Senegal.

  • A conta oficial habilitada para esta causa xa está pechada, polo que se solicita expresamente que non se realicen máis transferencias.


Concello e veciñanza, impulsores desta recolecta solidaria, trasladaron o seu agradecemento a todas as persoas que colaboraron, destacando que cada achega, por pequena que fose, contribuíu a facer realidade este obxectivo.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

"Hoxe queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas que colaboraron na recolecta solidaria para a repatriación de Samba. En pouco máis de 24 horas, a solidariedade da nosa veciñanza e de moitas persoas anónimas fixo posible reunir máis de 8.000 euros, demostrando unha vez máis o enorme corazón da nosa xente.

En menos dun ano, Rodeiro viviu xa dúas campañas solidarias, e queremos destacar tamén que moitas das persoas que colaboraron non son do noso concello. A todas elas, o noso máis profundo agradecemento por sumar e por estar cando máis se precisa.

Grazas a este xesto colectivo, Samba poderá descansar no seu país, xunto aos seus.

Informamos tamén de que a conta solidaria queda xa pechada, ao terse cumprido os obxectivos marcados, polo que non é necesario realizar máis achegas", sinala o alcalde do municipio José Luis Camiñas.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page