Saen polo seu propio pé e pola ventá traseira tras envorcar co seu coche en Arzúa
- ecosdacomarca

- 15 may 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
A primeira hora deste mércores rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Arzúa. O 112 Galicia foi alertado ás 8:36 horas. O vehículo quedou envorcado.

Tal e como informan os Bombeiros de Arzúa, tratouse dunha saída de vía, que nun primeiro momento, indicaban que podía haber posibles atrapados. O suceso ocorreu na N-547, no punto quilométrico 56.5, á altura da parroquia arzuá da Castañeda.
Publicidade
"Viaxaban dous ocupantes duns 20 ou 21 anos. A condutora queixábase dunha muñeca, mentres que o acompañante resultou ileso. Saíron polo seu propio pé pola ventá traseira", informan os Bombeiros de Arzúa.
Ademais dos Bombeiros, ao lugar tamén se desprazaron a Policía Local de Arzúa, a Garda Civil de Tráfico e o 061.







Comentarios