top of page

Rueda pide non bañarse en praias e ríos durante as próximas horas, debido a ausencia de electricidade

O Goberno central vén de confirmar o regreso ao nivel 2 do Platerga, tal e como solicitara Galicia


Ecos da Comarca/Xeral

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu onte para trasladar que hoxe, mércores 30, se retomará a actividade lectiva en todos os centros educativos e escolas infantís, polo que tamén volverá funcionar con normalidade o transporte escolar. Do mesmo xeito, tal e como publicou onte mesmo o Diario Oficial de Galicia, amplíanse en dous días adicionais todos os prazos dos procedementos administrativos da Xunta e das entidades do seu sector público que finalizasen o luns e o martes.

Rueda fixo balance do acontecido e da situación actual dos servizos públicos galegos unha vez encamiñada a volta á normalidade tras o apagamento eléctrico de onte en toda España. Comezou a súa comparecencia lamentando os falecementos acontecidos durante o apagamento, así como agradecendo aos medios de comunicación o seu “papel fundamental” durante os últimos dous días.


Na súa intervención, o presidente anunciou que o Goberno central vén de confirmar o regreso ao nivel 2 do Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga), tal e como a comunidade solicitara. Isto implica que a xestión da crise volve estar dirixida pola Xunta, unha vez que o 100% da subministración eléctrica xa se atopa restablecida.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Rueda salientou tanto a boa colaboración co Goberno central e co seu delegado en Galicia como o civismo, compromiso e resistencia do pobo galego ante unha adversidade que “supoñía moitos retos á vez” e da que agarda “saber cales foron as causas”.


O presidente pediu á cidadanía non bañarse en praias e ríos durante as próximas horas, pois a ausencia de subministración eléctrica puido provocar eivas no tratamento das augas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, sinalou o bo funcionamento da sanidade galega, encomiando a profesionalidade dos seus traballadores, e a educación pública da nosa comunidade, agradecendo a comprensión e colaboración de familias e docentes ante as dificultades de comunicación que se produciron. Un agradecemento que tamén estendeu a familias e usuarios de residencias e centros de día.



コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page