top of page

Roubar e derramar o millo na Bandeira

Ecos da Comarca/Silleda

Unha veciña da localidade silledense da Bandeira expresa o seu enfado ante o dano co que se atopou esta semana na súa finca de millo, algo que considera un atentado contra o seu traballo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!
"A última moda na Bandeira é roubar e degradar o trallo da terra. Se hai algo que merece respecto e honra é o traballo da terra. Sacrificio, gasto e moita dedicación fan falta para poder cultivar as terras e creo que, o menos que se pode facer é RESPECTAR! Esta plantación está na Gandeira, nunha leira da miña propiedade e dame auténtica vergoña ver que o traballo e o esforzo honrado se degraden desta maneira. A quen o fixo, non lle abonda con roubar o froito senón que rompe as plantas. Quen fai algo así demostra o que é. Non hai nada máis que dicir. Bo proveito, seguro que estaban ben sabedeiras", comparitiu Cris Quinteiro a través das súas redes sociais.
Foto publicada pola afectada.

Quinteiro tamén nos dicía isto a ECOS DA COMARCA: "É unha vergoña que degraden así o traballo dos gandeiros. Dame moita rabia. Non é o feito de levar o froito senón de meter as mans no traballo honrado da xente".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"É gana de facer mal gratuitamente", lamenta esta silledense.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page