Localizan unha furgoneta roubada en Melide
- ecosdacomarca

- 11 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 12 oct 2023
Ecos da Comarca/Melide
Onte, mércores, falábannos do roubo doutro vehículo na localidade melidense. Hai semanas informabanos doutro dunha furgoneta en pleno casco urbano e agora temos que falar da substración doutra.
Publicidade

O roubo foi na noite do martes para o mércores. "Roubáronme esta furgoneta esta noite na finca onde se aparta para a cooperativa Melisanto. Se alguén a ve,avisade", indicaba onte, mércores, o dono dela a través das redes sociais.
Publicidade
Pero onte mesmo pola noite o afectado apuntaba que xa fora localizada. "Apareceu cerca do campo da feira e sen gasóleo... Deberon ir dar un recorrido de noite", sinala o dono do vehículo a ECOS DA COMARCA. "Seica roubaron dúas tempo atrás....e pasou como a miña.... Apareceu en Melide en calles diferentes", engade








Comentarios