top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Rouban un coche en Agolada e aparece abandonado nunha pista cercana

Ecos da Comarca/Agolada

Un veciño de Agolada cando se dirixía este martes sobre as 8:00 horas para coller o seu coche e ir ao dentista, deuse conta de que este non estaba. Nun primeiro momento, pensou que en vez de deixalo xunto a casa, que o aparcara a poucos metros, na praza da localidade. Pero alí tampouco estaba. O vehículo fora roubado.

Despois de acudir ao dentista, a media mañá desprazouse ao cuartel da Garda Civil de Lalín para poñer a denuncia. Cando volvía para casa acompañado dun familiar, fixáronse nunha pista de Ponte Vilariño, que se ve dende a N-640, pola que circulaban, e déronse conta de que o vehículo estaba alí. Ata o lugar, desprazouse a Garda Civil para levar a cabo unha investigación.


Publicidade

Os amigos do alleo rompéronlle un cristal, forzaron a pechadura e o bombín e provocaron ralladuras no teito. Os donos do coche pensan que o coche xa non lle quedaba moito gasoil e que por iso decidiron deixalo nesa pista, a poucos quilómetros de onde fora roubado, no pleno casco urbano de Agolada. "Dentro do coche deixaron unha gorra e un bote de aceitunas e polo demais, deixaron todo dentro como estaba ( a documentación do coche, a persoal...)", sinalan os afectados.


Publicidade

Cabe mencionar que non foi o único roubo nas últimas horas nas comarcas, xa que do luns para o martes outro vehículo foi substraído en Lalín.


0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page