top of page

Rouban o cruceiro do lugar de Reboredo, na parroquia agoladesa de Borraxeiros

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Agolada

Desaparece o cruceiro situado no lugar de Reboredo, na parroquia de Borraxeiros (Agolada). Esta mañá o veciño da localidade Ángel Utrera foi o que se deu conta de que faltaba e inmediatamente, dirixiuse ao Concello para comunicar estes feitos.

O cruceiro (nunha foto antiga) e imaxe de hoxe do lugar, na que xa non está. Autor: Ángel Utrera.


Utrera rexistrou un escrito no Concello para deixar constancia do acontecido. Asegura que hai un mes pasou polo lugar e o cruceiro si que estaba.

Tras trasladarllo ao alcalde do municipio, Luis Calvo, comunicóuselle o acontecido á Garda Civil por teléfono e agora será o propio rexedor o que se desprace ata o cuartel para realizar a correspondente denuncia. “Estes son uns feitos intolerables contra o noso Patrimonio que non se poden permitir”, subliña o mandatario.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page