top of page

Rouban gasóleo dun tractor nunha zona próxima ao casco urbano de Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

Un veciño sufriu o roubo de gasóleo do seu tractor nunha zona próxima ao casco urbano de Agolada. En concreto, furáronlle o tanque do depósito. O afectado detectou a subtracción nas últimas horas e está pendente de presentar a correspondente denuncia ante as autoridades. Mentres tanto, decidiu facer público o ocorrido co obxectivo de alertar á veciñanza sobre este tipo de feitos e extremar as precaucións.

Segundo indicou, o suceso produciuse nunha área relativamente próxima ao núcleo urbano, o que incrementa a preocupación pola posibilidade de que se repitan episodios similares nas inmediacións.

 PUBLICIDADE

Facemos un chamamento á colaboración cidadá para que calquera persoa que puidese observar movementos sospeitosos contacte coas forzas de seguridade.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Non é a primeira vez que se producen roubos deste tipo en maquinaria agrícola na contorna rural, polo que se recomenda revisar depósitos, reforzar medidas de seguridade e comunicar calquera incidencia ás autoridades competentes.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page