top of page

Román Rodríguez anuncia en Agolada un investimento en 2026 de 73,6 M€ en obras en colexios

Agolada que con este reforzo se

Ecos da Comarca/Agolada

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, anunciou onte que os Orzamentos de 2026 do seu departamento inclúen unha partida de 73,6M€ para obras en centros educativos. “Isto supón un 4% máis que neste ano –destacou–, o que vén confirmar o noso compromiso coa modernización dos colexios e institutos”.

No transcurso dunha visita ao Colexio Plurilingüe de Agolada, o conselleiro puxo en valor que as contas do vindeiro ano “van permitir seguir avanzando na execución da folla de ruta do Goberno galego para renovar un dos parques inmobiliarios máis grandes da Xunta, o dos centros educativos, integrado por arredor de 1.600 edificios”.

ree

“Xa levamos investidos máis de 331M€ en preto de 3.000 actuacións, de maior e menor envergadura”, detallou. “Actuamos tanto actualizando a rede de centros ás novas realidades do ensino e ás esixencias actuais de aforro de enerxía e respondemos tamén ás necesidades de escolarización naquelas zonas nas que medra o alumnado”, sinalou.


Neste sentido, salientou que no vindeiro ano 2026 a Xunta terá en execución a construción de tres novos centros educativos, en concreto o novo colexio do Milladoiro (Ames), xa en marcha, e os institutos Domingo Villar (Vigo), en licitación, e o do Pereiro de Aguiar.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Benestar da comunidade educativa

Román Rodríguez supervisou hoxe o resultado das obras de rehabilitación integral do Colexio Plurilingüe de Agolada, nas que a Xunta investiu máis de 610.000€. O titular do departamento educativo do Goberno galego puxo en valor a actuación, que tivo como finalidade principal a mellora da eficiencia enerxética do centro, un dos obxectivos do Plan de nova arquitectura pedagóxica.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Neste sentido, Román Rodríguez destacou que este tipo de intervencións permiten non só reducir o consumo de luz e calefacción, “senón que tamén repercuten nun maior benestar diario para a comunidade educativa”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page