Romería da Federación de Círculos e Casinos Culturais de Galicia o día 8 en Lalín
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 2 Min. de lectura
O Círculo de Recreo-Casino de Lalín será o anfitrión
Ecos da Comarca/Lalín
O Círculo de Recreo-Casino de Lalín será o anfitrión da Romería da Federación de Círculos e Casinos Culturais de Galicia, que xunta nunha mesma cita socios e socias de diversas entidades análogas nun acto que ten como obxectivos a confraternización e o deleite.

"O vindeiro domingo día 8 de xuño, os socios e socias da Federación de Círculos e Casinos Culturais de Galicia visitan Lalín e, como sociedade anfitrioa, para agasallar a estas persoas, temos argallado o seguinte programa, en colaboración co Concello de Lalín, a Casa-Museo Ramón Aller e o Pazo de Liñares", sinala o Círculo de Recreo-Casino de Lalín. O programa seguinte:
. 11:00 horas. Recepción no Casino de Lalín das persoas convidadas.
. 11:30 horas. Visita guiada. "Dividirémonos en dous grupos: mentres un fai unha visita guiada ao museo e ao observatorio, o outro, da man de Daniel González Alén, fará un percorrido guiado pola nosa vila".
. 12:30 horas. Cambio de grupo das visitas guiadas.
. 14:00 horas. Xantar no restaurante Pontiñas. Co seguinte menú e prezo:
-Táboa de embutidos
-Empanada de atún
-Tenreira asada con ensalada
-Sobremesa: filloas e queixo con marmelo
-Auga, viño, refrescos e café
Prezo: 25€
. 17.00 horas. Visita guiada ao Pazo de Liñares
. 19.00 horas. Despedida e regreso.
Publicidade
Para reservar praza no restaurante, é preciso mandar un correo electrónico a
circulo.recreo.lalin@gmail.com antes do día 5 de xuño. Estas son as entidades federadas convidadas, instalacións ás que as persoas socias
teñen libre acceso, e viceversa:
-SPORTING CLUB CASINO DA CORUÑA
-CÍRCULO MERCANTIL-CLUB DE CAMPO DE O FERROL
-CASINO FERROLANO TENIS CLUB
-CASINO ARESANO
-SOCIEDAD CULTURAL PADRONESA
-CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS
-CÍRCULO DAS ARTES DE LUGO
-CÍRCULO CULTURAL SAVIÑAO DE ESCAIRÓN
-LICEO DE OURENSE
-CLUB ARTÍSTICO DE RIBADAVIA
-CÍRCULO MERCANTIL DE VIGO
-LICEO CASINO DE PONTEVEDRA
-CASINO MERCANTIL DE PONTEVEDRA
-RECREO CULTURAL DA ESTRADA
-CÍRCULO RECREATIVO CULTURAL DE O PORRIÑO
-LICEO CASINO DE VILAGARCÍA
-CASA CULTURAL DE AREAS
Comentarios