top of page

Rodeiro recibirá 126.000 € de Deputación para o impulso de 12 contratacións de persoal

Ecos da Comarca/Rodeiro

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres da aprobación na Xunta de Goberno provincial de tres novas achegas por valor de 350.000 € aos concellos de Moraña, Rodeiro e Vilaboa para impulsar un total de 26 novas contratacións no marco da liña 3 do Plan +Provincia 2026-2027.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Grazas a estes recursos, estes tres concellos poderán reforzar os seus servizos municipais coa incorporación de persoal temporal de diferentes perfís. Así, Moraña recibirá 109.000 € para realizar oito contratacións: un monitor de servizos á comunidade, un peón transportista, un albanel, un condutor e catro peóns forestais.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Pola súa banda, Vilaboa dedicará 115.000 € do Plan +Provincia para realizar seis contratacións: dous peóns forestais, dous operarios de maquinaria forestal e dous albaneis. Por último, Rodeiro recibirá 126.000 € para o impulso de 12 contratacións: sete peóns de servizos diversos, dous técnicos de educación infantil, un auxiliar administrativo, un traballado social e mais un educador social.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Luis López destacou que “seguimos sumando recursos dentro destes 85 millóns de € dos que está dotado o +Provincia 2026-2027, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación de Pontevedra”.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page