top of page

Rodeiro promove a igualdade entre os cativos

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Laura Moure/Rodeiro

A chegada dos Reis Magos a Rodeiro conlevou que deixaran no domicilio de todos os cativos de Rodeiro maiores de seis anos un xogo que "aposta pola igualdade e por ampliar os coñecementos sobre o concello de Rodeiro", explica o alcalde, Luís López.

O xogo, cun formato idéntico ao Trivial, é para toda a familia e conxuga coñecementos sobre temas de igualdade e sobre este municipio para que maiores e cativos amplíen a información sobre igualdade e sobre Rodeiro. "Sensibilizar na igualdade de xénero e previr a violencia de xénero dende idades temperás e é moi importante pois é cando se adquire a identidade de xénero", incide o rexedor.

O xogo dos Bolechas, que leva por título Rodeiro en igualdade, coñece o teu concello, consta dun taboleiro cunha ruta a seguir polas persoas xogadoras. A maior parte das preguntas, en total 120, están relacionadas coa igualdade e coa historia, patrimonio, turismo, deporte e natureza da localidade rodeirense.

En total foron 500 exemplares deste xogo, entre os que xa entregaron e máis os que depositaron na Casa do Concello, as Súas Maxestades de Oriente en Rodeiro.


0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page