top of page

Rodeiro organiza un curso preparatorio para superar as probas de competencias clave de nivel 2

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Rodeiro

O Concello de Rodeiro informa que a Dirección Xeral de Cualificación e Formación para o Emprego convocou as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. As competencias clave son un requisito necesario para poder realizar accións formativas dirixidas a persoas en desemprego de nivel de cualificación 2 e 3 e/ou dirixidas a obter un certificado de profesionalidade dos citados niveis, como pode ser o certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas en domicilios ou en institucións sociais.

Aquelas persoas que non rematasen os estudos de ESO, non conten con estudos homologados en España ou teñan soamente o título da antiga EXB deben superar estas probas de competencias clave para acceder a cursos de nivel 2, etc. O prazo para realizar as solicitudes de matriculación remata o vindeiro 14 de febreiro e os exames serán na 2ª quincena de maio.


No seguinte enlace atópase toda a información sobre a convocatoria: https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave/convocatoria-probas


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende a Concellería de Educación de Rodeiro organízase un curso preparatorio para superar as probas de competencias clave de nivel 2 que se levará a cabo previsiblemente un día á semana.


Para recibir máis información sobre este proceso, tipos de exames, solicitude e outras cuestións de interese dirixirse ao servizo de educación familiar municipal a través do 986 790 185 ou do correo educadora@rodeiro.gal

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page