top of page

Rodeiro mellora os camiños de Vistuíde grazas aos 83.500 euros do Plan Marco da Xunta

11 jun 2024
2 min de lectura

Este programa da Consellería do Medio Rural deixou máis de 600.000 € en Deza-Tabeirós


Laura Moure/Rodeiro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este luns o concello de Rodeiro, onde a Consellería do Medio Rural investiu máis de 83.500 euros na mellora dun camiño rural en Vistuíde. Trátase dunha actuación enmarcada dentro do Plan Marco 2023-2024 que mellorará a accesibilidade e a seguridade dos veciños da zona.

O delegado territorial aproveitou a visita para destacar a importancia de seguir apostando

pola “modernización e mellora das condicións e comunicacións das zonas rurais”, algo para o que a Xunta “traballa da man dos concellos para conseguir que todos os galegos e

galegas gocen dos servizos públicos de calidade que merecen”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Cabe destacar que o Plan Marco 2023-2024 deixou na comarca do Deza-Tabeirós máis de

600.000 euros repartidos por sete concellos. Entre eles, ademais do concello de Rodeiro, atópase A Estrada, que recibiu unha achega de máis de 140.000 euros para a mellora de accesos aos núcleos do concello. No caso de Agolada, a achega foi de case 83.000 euros e foi utilizada para mellorar a pista de conexión entre Sangorza e Baiña. No concello de Dozón, o Plan Marco permitiu mellorar os pavimentos dos camiños entre A Lama e Cardelle e dos accesos a Piñeiros, grazas a unha achega de máis de 63.000 euros.


En Forcarei a achega de preto de 79.000 euros permitiu mellorar o camiño de Lamasgalán

de Arriba a Pardellas. En Silleda, o concello recibiu máis de 94.000 euros para mellorar o acceso a Balántiga. Por último, en Vila de Cruces, a achega de 68.000 euros serviu para

mellorar un camiño en Pazos, na parroquia de Oiros, e outro en Asorei.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Na provincia de Pontevedra, o importe total desta liña de axudas alcanza os 3,2 millóns de

euros.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page