top of page

Rodeiro esixe á Deputación a aprobación dos 500.000 euros para mellorar o vial entre Oseira e Arnego

Ecos da Comarca/Rodeiro

O Concello de Rodeiro reclama á Deputación de Pontevedra que autorice, na vindeira Xunta de Goberno, a utilización dos fondos do programa +Provincia que lle corresponden ao municipio para executar a mellora integral da estrada que comunica o cruce de Oseira coa parroquia de Arnego.

O investimento, de preto de 472.000 euros, foi decidido polo goberno municipal por tratarse dunha das vías con maior intensidade de tráfico de todo o concello, especialmente de vehículos pesados, e que presenta unha necesidade urxente de actuación para mellorar a seguridade e as condicións de circulación.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Desde o Concello lamentan que, mentres a Deputación xa resolveu as solicitudes da práctica totalidade dos concellos da provincia, Rodeiro continúa á espera da autorización, unha situación que atrasa a licitación das obras e reduce os prazos dispoñibles para a súa execución.


O alcalde en funcións, Alberte Lamazares, sinala que "non existe ningunha razón que xustifique que Rodeiro sexa un dos últimos concellos en recibir esta autorización cando se trata duns fondos que lle corresponden por dereito aos nosos veciños e veciñas".

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Unha vez que o Concello decidiu destinar unha parte moi importante dos seus fondos a resolver este problema, o mínimo que pedimos é que a autorización chegue sen máis demoras", engade Lamazares.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O goberno municipal considera que cada semana de atraso dificulta a planificación e a execución da obra, prexudicando directamente aos centos de usuarios que empregan diariamente esta estrada.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Por todo iso, o Concello de Rodeiro esixe que a Deputación de Pontevedra inclúa na vindeira Xunta de Goberno a aprobación desta autorización, permitindo así iniciar de inmediato a licitación dunha actuación prioritaria para a seguridade viaria e para a mellora das comunicacións da parroquia de Arnego.

IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page