Rodeiro e Agolada completan a mellora da vía entre A Torre de Guillar e Axiaz por 89.000 euros
- ecosdacomarca

- 13 sept
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
Os Concellos de Rodeiro e Agolada veñen de concluír a mellora da estrada que une A Torre de Guillar e Axiaz, un tramo dun 1,4 quilómetros que conecta os dous municipios. A actuación contou cunha subvención de 50.000 euros da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, dentro da liña de axudas a infraestruturas municipais, e xa rematou a súa execución esta semana.

O investimento total ascendeu a 89.000 euros, dos cales o Concello de Rodeiro achegou 19.500 euros e o Concello de Agolada outros 19.500 euros.
O alcalde de Rodeiro agradeceu “a colaboración do Concello de Agolada, que fixo posible esta actuación conxunta, do mesmo xeito que o ano pasado colaboramos co Concello de Dozón noutro proxecto similar. Seguimos nunha liña de cooperación intermunicipal para aproveitar todas as axudas dispoñibles e mellorar as comunicacións e servizos da nosa veciñanza, algo que non se viña solicitando co anterior goberno de Cati Somoza e do Partido Popular”.
Publicidade
Esta obra supón unha mellora notable na accesibilidade e na seguridade viaria para a cidadanía de ambos concellos, reforzando a cooperación institucional e a eficiencia no uso de recursos públicos.
"No día de hoxe xa estamos traballando conxuntamente con concellos da contorna para seguir cooperado na mellora da veciñanza e seguir conseguido subvencións para o noso concello", sinala o alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas.







Comentarios