top of page

Rodeiro aproba pedir á Deputación un fondo de compensación para os concellos de maior extensión da provincia

Ecos da Comarca/Rodeiro

O Pleno do Concello de Rodeiro aprobou onte, por maioría do Grupo de Goberno, unha moción presentada polo Grupo Socialista na que se solicita á Deputación de Pontevedra a creación dun fondo de compensación específico para os concellos de maior extensión territorial da provincia, concretamente para aqueles que superan os 100 km² de superficie.

A iniciativa propón a creación dunha nova liña de axudas dotada con 7 millóns de euros, destinada a 13 concellos da provincia de Pontevedra que, pola súa ampla extensión e carácter rural, afrontan maiores dificultades para manter e mellorar os servizos municipais básicos.

O alcalde de Rodeiro, José Luís Camiñas, destacou que “este fondo sería unha excelente noticia para os concellos rurais, xa que permitiría compensar o enorme custo que supón o mantemento das vías municipais e das infraestruturas locais, especialmente nun territorio no que o principal tecido económico é a agricultura”.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


Neste sentido, o alcalde subliñou que a actividade agrícola provoca un desgaste constante e moi elevado nas estradas municipais, “un deterioro que é, literalmente, terrorífico para as arcas municipais se non se conta con apoio doutras administracións”.


Desde o Concello de Rodeiro deféndese que esta medida non só suporía un alivio económico para os concellos máis extensos, senón que tamén contribuiría a fortalecer o tecido económico rural, mellorar os servizos públicos e favorecer que a xente poida vivir no rural con dignidade.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

“O obxectivo final é devolver vida ao rural, atraer poboación e garantir servizos dignos. Para iso, as deputacións, como administracións supramunicipais, deben cumprir o seu papel de apoio aos concellos máis pequenos e con maiores dificultades”, sinalou Camiñas.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O Concello de Rodeiro xa acordou remitir a aprobación desta moción á Deputación de Pontevedra, solicitando formalmente que se poña en marcha esta nova partida económica que beneficiaría directamente aos concellos de maior extensión da provincia.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page