top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Rey aposta por un modelo urbano e de mobilidade que dea como resultado “vilas para vivir e convivir"

A candidata do BNG á Alcaldía de Silleda explicará hoxe o seu programa en materia

urbanística no mitin que terá lugar ás 20:30 No Pavillón Polideportivo César González


Ecos da Comarca/Silleda

“Cremos nunhas vilas que sexan lugar de encontro entre a veciñanza, onde a calidade de vida nos espazos urbanos combine lugares para a xente, a seguridade viaria e sexan atractivos e útiles para mercar, desfrutar e levar unha vida cotiá tranquila e agradable”. Así

resume Erea Rey, a candidata nacionalista á alcaldía de Silleda o tipo de vila que resultaría da aplicación das medidas urbanísticas e de mobilidade que inclúe na súa proposta de goberno.


Erea Rey, acompañada polo número 2 da súa candidatura, Xerardo Díaz Casal, e pola deputada no Parlamento de Galicia, Alexandra Fernández, explicará mañá na praza da Feira Vella de Silleda (ás 20:30h) parte do seu programa nestas materias.


A planificación urbanística que propón Erea Rey pasa por humanizar os espazos urbanos tanto de Silleda como da Bandeira, co obxecto de crear espazos máis vivibles, naturalizalos, reducir o tránsito rodado e actuar contra o feísmo.

Para isto, contempla a elaboración dun Plan urbano de Rexeneración Integral para conciliar a mobilidade, o aparcamento e o embelecemento dos espazos urbanos, facilitar espazos seguros para os peóns, espazos urbanos verdes para desfrutar do ocio, atraer xente coa mellora estética e a dinamización social das vilas, o cal redundará nunha mellora considerable da calidade de vida e servirá para mover o comercio local.


Entre outras medidas, este Plan urbano de Rexeneración inclúe as seguintes liñas de acción para a vila de Silleda:

  • Adecentamento estético das medianeiras nos dous cascos urbanos.

  • Humanización dos seguintes barrios con amplas zonas de aparcamento colectivo: Casas Baratas (rúa María Colmeiro), rúa Morón-Camiño do Castro, República Arxentina-Praza do Emigrante-Camiño do Foxo, Avenida do Parque

  • Arranxar e pór en valor os lugares de O Foxo, Toiriz, Toxa e Mourelos.

  • Apertura do Parque central “Perfecto Pereiro” no centro da vila (entre rúa Emilio Alonso Paz, Rúa Trasdeza, Progreso e Venezuela).

  • Creación de amplas zonas de aparcadoiro público nos espazo peonalizados.

  • Ampliación espazo público da Carballeira das Pedrosas.

  • Creación dunha senda peonil para rodear a contorna da vila de Silleda.


Liñas de acción para a vila da Bandeira:

  • Humanización do entorno da rúa do Parque e J. Salgueiro (Praza da Feira e do Entroido), calellos e renques, facilitando zonas amplas de aparcadoiro colectivo.

  • Creación dun espazo polivalente ao carón da Praza da Feira-rúa do Parque (Nave Pichel) para dar servizos ao centro da vila con utilidade para as diversas actividades económicas, comerciais, asociativas e de lecer.

  • Humanización da rúa da Empanada, Maceira Boa (espazos pŕoximos ao local social dos maiores), limpeza e adecentamento como espazo público da carballeira da rúa do Lavadoiro e lugares adxacentes ao núcleo urbano.

  • Tamén contempla a revitalización do uso da bicicleta como medio de transporte eficiente e alternativo, conciliándoo con aparcadoiros disuasorios en zonas estratéxicas da vilas, coa mobilidade a pé e con espazos verdes e de lecer nos parques e prazas.

A candidata do BNG á Alcaldía explicará hoxe, sábado, o seu programa en materia urbanística no mitin que terá lugar ás 20:30 No Pavillón Polideportivo César González.





0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page