top of page

Retiran o camión de porcos volcado esta mañá na parroquia agoladesa de Artoño

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Faleceron preto de 90 animais e un bombeiro resultou lesionado leve


Ecos da Comarca/Agolada

O guindastre no momento da retirada do camión. Autor: Ecos da Comarca.

Este mediodía dabamos conta dun sinistro ocorrido esta mañá, sobre ás 10:30 horas, na parroquia agoladesa de Artoño. Un camión cargado de porcos acabou envorcado e como consecuencia faleceron uns 85 animais.

O camión, dunha empresa portuguesa, levaba 150 porcos que acababan de cargar ao longo das primeiras horas da mañá nunha granxa situada apenas uns metros do suceso, no lugar de Outeiro, na mesma parroquia de Artoño.


Unha avaría

O camioneiro, como facía noutras ocasións, púxose a virar na entrada dunha pista que enlaza co lugar de Buxel. Nese momento, deuse conta que a caixa do camión non se atopaba alineada correctamente coa cabina do vehículo. Así que tras aparcar, baixouse do vehículo para comentarlle este problema ao xefe. Minutos despois viu como o camión quedaba envorcado cara o lado dereito. A consecuencia, uns 85 porcos morreron e outros que baixaran para o monte, foron recollidos e devoltos á granxa da que saíran, para ver como evolucionan. Sen embargo, a media tarde a propietaria do granxa lamentaba xa a morte doutros tres animais.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ata o lugar, desprazáronse dúas veterinarias, a Garda Civil, Protección Civil da localidade e os Bombeiros de Deza que foron os encargados de excarcelar aos animais. E de feito, un dos bombeiros lesionouse durante as labores. "Deulle unha especie de tirón muscular", segundo comentou unha das persoas alí presentes.


Sobre dúas horas

Pola tarde, chegou un guindastre para retirar o camión, que lle levou sobre dúas horas debido a situación na que se atopaba. E despois disto, o condutor foi traslado a Lalín onde o agardaba un taxi para levalo de volta ao seu país.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page