top of page

Resultados do Open Nudesa de agility, celebrado en Silleda

Competiron 200 binomios de oito países


Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda acolleu dende o pasado xoves ata onte a Cuádruple Canedupo de agility, unha competición organizada pola asociación Galician Agility Festival que contou con gran nivel tanto por número e procedencia dos seus participantes como polos nomes que figuraban entre eles.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Competiron 200 binomios de oito países, entre eles figuras deste deporte canino como os españois Axular Casado, Óscar Morales, Alejandro Sequeiros ou Jacobo Martí, a italiana Verónica Odone, a polaca Joanna Michalska ou a británica Marita Ogilvie

 

Ademais de celebrarse unha proba cada un dos catro días, o sábado tamén tivo lugar o Open Nudesa, o cal repartiu premios para os tres primeiros clasificados. O segundo e terceiro clasificado de cada categoría recibiron un trofeo, un agasallo dos patrocinadores da competición e unha inscrición para a Galican Agility Cup, mentres que o vencedor sumou a estes un premio en metálico de 200 euros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Neste Open Nudesa houbo un centenar de inscritos de España, Portugal, Italia e Polonia. E os resultados deste Open Nudesa foron:

CANS GRANDES (categorías Intermediate e Large)

1° Javier Oliveira Blanco con Landra (club de agility Yenyekan)

2° Óscar Morales Ortiz con Syrma (club de agility Yenyekan)

3° Axular Casado Aguinako con Eywa (club de agility Yenyekan)

CANS PEQUENOS (categorías Extra small, Small e Medium)

1° Lucía Santos Fernández con Furby (club de agility Xanastur)

2° Vichy León Gingeira con Gin (club de agility Xanastur).

3° Ana Masaguer Silva con Nala (Club de agility the paws by patas).



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page