Resultados do Galaico Trail Run da pasada fin de semana
- ecosdacomarca

- hace 6 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
O pasado domingo, 29 de marzo, disputouse o Trail Pozo do Demo en Verín de 15k e 650 de desnivel positivo e o V Trail Cova da Bruxa, en Muros, e ata alí foron deportistas do Galaico Trail Run.

Respecto os resultados do Trail Pozo do Demo en Verín resaltar a Iker Núñez que rematou 4º da xeral. Tamén Suso e Renato que remataron 5º e 6º da súa cat. "Destacar o estreo Galaico de Cristián Rodríguez Taín que fixo un gran 22º da xeral. Entre a marea azul estaban Toño Gómez, Juan varela, Tony Taboada, Isa lópez e Juan Granja".
PUBLICIDADE

Por outra banda, en Muros foi o V Trail Cova da Bruxa o GTR e disputou as distancias de Trail corto 15k con 950+ Manu Gómez, que rematou 8º da xeral e 1º cat Máster 1. Tamén participaron Óscar Vazquez Fernandez e Bárbara Sánchez.
Publicidade
E no Trail mini de 9k con 450+ correron Alba Blanco e Elisa Abeledo Vilar. "Tamén destacar que foi a primeira carreira onde lucimos as novas camisetas 2026", sinala o club.







Comentarios