Resultados do Galaico Trail Run da pasada fin de semana
- ecosdacomarca
- 9 may
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
Deportistas do Galaico Trail Run (GTR) participaron a pasada fin de semana en distintas probas.

O sábado 4 disputouse en Mondariz o Campionato Galego de Ultra da Federación Galega de Montañismo distancia de 65 quilómetros na que participou Manuel Conde chegando no posto 27º de 81 que deron finalizado a proba.
No maratón Bruno Ferradás fixo unha gran carreira e subeu o 3º chanzo do podium, tamén Suso González acadou o 4º posto na súa categoría.
Publicidade
Na Popular do Concello de Carballedo de 10k Camilo Framiñán fixo 5º da xeral, seguido do 7º posto de Cristóbal Dafonte co que subeu o 2º chanzo na súa categoría M40. Tamén participaron Jesús Fernández e Sé Senande.
E un pouco máis lonxe, nada menos que en Botswana, participou Enrique Rojo na Diacore Foborone Marathón.
Publicidade
Destacar tamén a participación de Javier Yáñez na MIUT Ultra trail de Madeira de 115 quilómetros e 6700 m. de desnivel positivo conseguindo chegar a meta en en 24 horas e 17min. unha auténtica aventura na que rematou no posto 117º de 338 participantes que finalizarón a prestixiosa proba internacional.
Comments