top of page

Resultados acadados polo club deportivo Biosbardo no Trail Vila de Cuntis, proba oficial da FGA

Ecos da Comarca/Xeral

A pasada fin de semana o máximo nivel competitivo do trailrunning galego deuse cita en Cuntis, onde estaban en xogo bonificacións no ranking galego tanto individual como de clubs multiplicando por cinco ó ser proba da “Serie Ouro” da Federación Galega de Atletismo. E ata alí tamén foron corredores do club deportivo Biosbardo.

CAMPIÓNS ABSOLUTOS POR EQUIPOS

MARÍA FREY – CAMPIOA ABSOLUTA

"Incontestable e intratable, a deportista biosbarda saíu a pelexar cos homes, sen dubidalo e intentando achegarse ás 2 horas de carreira, parando o crono dos 21k e 1200 metros de desnivel positivo en 2h e 5 minutos, sacándolle case un cuarto de hora (14 minutos) á segunda clasificada. Detrás dela, pelexando pola segunda praza atopábase Carla Trillo,

realizando unha carreira impecable ata que unha mala caída no km 12 a obrigaba a parar e continuar con moito coidado ata meta, chegando en 2h 22’ para colleitar puntos tanto no apartado individual como no colectivo. A deportista de Burela entrou 7ª absoluta en meta e bronce da súa categoría", sinala o club.


Pechaba o cadro feminino Charo Figueroa, facéndose coa prata máster así como contribuíndo a sumar os puntos necesarios para o ranking galego. E Teresa Dieste logrou un bronce na categoría máster.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

No apartado masculino, o equipo foi liderado por Iván Sangiao (o corredor rabadense volta á competición), que entraría 7º absoluto en meta e prata de categoría, mentres que o cruceño Emilio Montilla chegaría na posición 12ª e vencendo a súa categoría máster. "Cabe destacar a baixa de última hora de Sergio García, o corredor máis rápido do equipo, que obrigou a non deixarse nada ós seus compañeiros para adicarlle a vitoria".


CAMPIÓNS POR EQUIPOS: A competición puntuaba os 2 primeiros homes e mulleres de cada combinado, co que a vitoria de María así como os postos destacados de Iván, Carla e ‘Milo’ fixeron que o CD Biosbardo se subise ó máis alto.


TRAMOS CRONOMETRADOS: Durante a proba, tres tramos obtiñan premio especial para o mellor home e a mellor muller neles, sendo un dos premios para a propia María Frey, mentres que Iván Sangiao ficaría 2º en dous deles a tan só un segundo de facerse co premio.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

RANKING GALEGO

Con este resultado, o equipo feminino distánciase das súas perseguidoras no Ranking Galego; mentres que o combinado masculino sube postos ata a segunda praza. No apartado individual María Frey escala postos co obxetivo de formar parte da próxima Selección Galega; destacando que o club conta a día de hoxe con 5 atletas no Top 10: Tamara García (veciña de Dozón), Carla Trillo, María Frey, Charo Figueroa e Fanny Abelenda.


CARREIRA POPULAR CHANTADA:

Pola súa banda, a veciña de Dozón Tamara García, vencía con autoridade na Carreira Popular de Chantada desputada o sábado 9, un trazado sinuoso de 9 km.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page