Ecos da Comarca/Rodeiro
O Concello de Rodeiro informa que finalizou O Espertador, o programa de envellecemento activo para persoas maiores e/ou persoas con diversidade funcional.
Publicidade
"Esta semana demos por rematado O Espertador foi un programa que se estivo realizando dende o mes de marzo e que acaba de rematar. Ao longo de todo o curso realizáronse diferentes tipos de actividades como estimulación cognitiva, xerontoximnasia, entre outros.
Durante a meirande parte do ano estas actividades realizáronse no casco urbano de Rodeiro todos os luns, pero ao longo da semana tamén se trasladaron ao rural (traballando concretamente nas parroquias de San Salvador, Santa Baia, Guillar, Carboentes, Álceme e Asperelo)", sinala o Concello.
Publicidade
Pola súa banda o alcalde do municipio, José Luis Camiñas, indica que "rematou o curso do programa O espertador, un programa de envellecemento activo e de diversidade funcional para persoas maiores, necesario para o noso concello, cunha poboación moi envellecida onde ó coordina unha profesional que lle transmite moito cariño e aprezo as persoas maiores e viceversa. Para o curso que vén, máis e mellor".
Publicidade
コメント