top of page

Reivindicativo descenso de rafting polo río Ulla contra a macrocelulosa de Altri e a mina de Touro

Ecos da Comarca/Xeral

Decenas de embarcacións de ráfting, caiacs e piraguas realizaron este domingo un descenso reivindicativo polo último tramo do río Ulla, desde a Ponte de Sinde ata o Campo da Insua, en Padrón, xa moi preto da súa desembocadura na ría de Arousa. Ao final do percorrido, milleiros de persoas agardaron polas embarcacións e leron un manifesto esixindo que se descarten definitivamente o proxecto de macrocelulosa de Altri na Ulloa e a Mina de Touro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os dous proxectos industriais desenvolveríanse, moi preto o un do outro, na conca do río Ulla, afectando aos ecosistemas e a calidade das augas e poñendo en perigo a ría de Arousa.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, as organizacións animan á cidadanía galega a participar masivamente, o vindeiro 1 de xuño ás 12:00, na xa tradicional marcha contra as celulosas en Pontevedra, que discorrerá baixo o lema “Nin Ence na ría, nin Altri na Ulloa”.


A actividade de onte en Padrón estivo organizada pola Plataforma Ulloa Viva, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), a Plataforma Mina Touro-O Pino Non, Adega, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Sociedade Galega de Historia Natural, Baixo Ulla Vivo e Caiac Extremo Galiza, coa colaboración dos concellos de Padrón e Pontecesures



Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page