top of page

Reestablecido dende onte, sábado 20 de decembro, o servizo de barcaza de Portodemouros

Hoxe hai unha mobilización para que se garanta este servizo os 365 días do ano


Ecos da Comarca/Xeral

Os Concellos de Vila de Cruces e Santiso informaron onte que dende este sábado está restablecido o servizo da barcaza de Portodemouros.

ree

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Cabe mencionar que o pasado 1 de decembro, Naturgy, segundo estes dous concellos, comunicou que servizo deste permanecería inoperativo para levar a cabo tarefas de mantemenro da barcanza dende o 2 de decembro ás 9:00 ata o 23 de decembro ás 20:00 horas, algo que finalmente, quedou operativo tres días antes do previsto.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

E para garantir un servizo continuo, hoxe, domingo 21 de decembro, o BNG de Vila de Cruces e o BNG de Santiso, xunto coa Asociación de Afectadas e Afectados polo Encoro de Portodemouros, convocan unha manifestación para ás 11:00 horas, nas ramplas de acceso á barca, a ambos lados do encoro de Portodemouros, Loño (Vila de Cruces) e Beigondo (Santiso). Máis información no enlace:https://www.ecosdacomarca.com/post/convocan-unha-manifestaci%C3%B3n-para-o-d%C3%ADa-21-para-que-se-garanta-o-servizo-da-barcaza-de-portodemouros




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page