top of page

Reducido un home pola Garda Civil tras opoñer resistencia en plena rúa en Melide

Ecos da Comarca/Melide

Un home foi reducido este sábado en Melide pola Garda Civil en plena rúa do casco urbano, en concreto na Rúa Progreso. Un suceso que causou expectación onde varios veciños presenciaron os feitos.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Ocorreu arredor das 12:45 horas, cando unha parella de axentes procedeu a intervir ante o comportamento do individuo, que finalmente, mostrou resistencia á autoridade.

Momento no que o home é reducido no chan pola Garda Civil e viandantes.
Momento no que o home é reducido no chan pola Garda Civil e viandantes.

Segundo se pode observar nun vídeo difundido do momento, a situación xerou certa tensión, ata o punto de que varias persoas que se atopaban na zona chegaron, incluso, a baixar dos seus vehículos para colaborar cos gardas civís e axudar a reducir ao home.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A oficina de prensa da Comandancia da Garda Civil da Coruña indicou a este medio que, polo de agora, non poden facilitar máis información sobre o sucedido.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page