top of page

Recomendan vixilancia das viñas ante a posibilidade da aparición das primeiras manchas de mildio

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro avisa do aumento de esporas recollidas nos últimos días, tanto nas súas instalacións como no Salnés, e da aparición de varias plantas con síntomas de erinose



Ecos da Comarca/Xeral

A Deputación de Pontevedra acaba de publicar un novo aviso fitosanitario do persoal da Estación Fitopatolóxica do Areeiro no que volve recomendar manter unha vixilancia alta das viñas, ante a posibilidade de que aparezan a curto prazo as primeiras mancha de mildio, se ben este período pode alargarse coas baixas temperaturas que se prognostican para os próximos días. De feito, os captadores de esporas instalados no Salnés e no Areeiro incrementouse sensibelmente o número de esporanxios de mildio recollidos nos últimos días. Malia isto, e as predicións que xa indican que finalizou o período de incubación da primeira infección primaria, o persoal de Areeiro aínda non detectou a primeira mancha de aceite.

Por iso a vixilancia ten que ser alta, e moi alta si se espera a intervir a cando apareza a primeira mancha, en cuxo caso deberá realizarse unha intervención máis adiante nos posibles momentos de claros que haxa entre chuvascos. Ademais, desde Areeiro lembran que, dentro de cada parcela concreta, deben vixiarse especialmente as zonas onde o mildio causa maiores problemas habitualmente, pois é onde é máis probable que se concentren as primeiras infeccións.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

No relativo a outros parasitos da viña, de momento aínda non hai nada destacable, tanto a nivel de patóxenos coma de artrópodos, se ben destes últimos xa se observaron varias plantas con síntomas de erinose. Ademais, as rachas de vento que se produciron a principios da semana e a sarabia que caeu puntualmente nalgunhas zonas, puideron provocar feridas que convén cicatrizar. Por isto, recomendan empregar un funxicida que conteña folpet nos posibles tratamentos antimildio que se realicen.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Xa nas plantas de horta, o persoal de Areeiro destaca que a humidade elevada, xa non só a nivel do aire senón tamén do solo, favorece a propagación de patóxenos en xeral. Desta maneira, a existencia de períodos de sol intercalados entre os chuvascos pode provocar evaporación de auga no solo, o que incrementa o risco de que aparezan síntomas nunhas plantas que están moi preto do terreo como son as hortícolas. Por este motivo aconséllase vixiar os cultivos e realizar un tratamento cando se poida para protexer estas plantas, xa que a priori van seguir entrando borrascas que traerán chuvascos.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page