top of page

Reciben axudas as bandas de Silleda, a Artística de Merza, a de Agolada, as 2 de Lalín e a de Visantoña

A Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades vén de resolver as axudas, cuxo importe varía en función do número de alumnos de cada centro


Laura Moure/Xeral

Un total de 74 escolas de música xestionadas por concellos e asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro benefícianse da liña de axudas da Xunta de Galicia para o desenvolvemento da súa actividade. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de resolver a convocatoria deste ano, dotada con 265.000 euros, co importe que recibe cada una das beneficiarias e que varía en función do número de matriculados en cada centro.


Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa na primeira categoría, de escolas de música públicas,  concédense axudas por un importe de 100.000 euros a Banda Municipal de Silleda, a Artística de Merza, de Vila de Cruces.

ree

Na segunda categoría, de escolas de música de entidades sen ánimo de lucro, concédense axudas por importe de 165.000 euros a 37 escolas, entre elas das comarcas a Banda de Música Municipal de Agolada, a Banda de Música Municipal de Lalín, a Banda de Vilatuxe (Lalín); a Banda de Visantoña (Santiso).


O obxectivo destas subvencións é apoiar o funcionamento das escolas que imparten ensinanzas musicais non regradas, así como fomentar, difundir e estender este tipo de formación entre a cidadanía. Para acceder ás axudas, os centros debían estar inscritos no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A convocatoria enmárcase dentro do Plan EDUC-ART, posto en marcha neste curso, que ten entre os seus obxectivos o fomento das escolas de música como etapa previa ao acceso aos conservatorios profesionais. Outras das medidas deste plan son a ampliación de prazas, a incorporación de novas especialidades e o impulso de programas de mestrado e doutoramento. Cómpre lembrar que o Goberno galego puxo en marcha en 2023 o primeiro mestrado en ensinanzas artísticas de Galicia, en creación, interpretación e investigación musical, que se imparte no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Todas as formacións musicais beneficiadas no seguinte enlace:  




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page