top of page

Rali en Silleda... antes de tempo?

Ecos da Comarca/Silleda

O municipio de Silleda volta por segundo ano consecutivo ao calendario galego do automobilismo da man do II Rallysprint Concello de Silleda, incluído no Campionato Xunta de Galicia GT2i desta modalidade, e que se disputará este sábado, 17 de maio, e chegaron ao límite máximo de 90 equipos. A Escudería de Silleda é a que organiza esta competición e hoxe tivo que dar un comunicado importante.



Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

AVISO IMPORTANTE A TÓDOLOS EQUIPOS!!

"Dende a organización do II Rallysprint Concello de Silleda, queremos advertir a tódolos participantes que temos constancia de que algúns pilotos están a realizar adestramentos non autorizados nos treitos da proba. Lembramos que non está permitido adestrar fóra dos recoñecementos oficiais establecidos no regulamento.


Nas últimas xornadas recibimos numerosas queixas e chamadas de veciños da zona, preocupados polo perigo que supoñen as altas velocidades que alcanzan algúns vehículos transitando polas zonas habitadas.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Por este motivo, advertimos que os treitos van estar vixiados, e, se se detecta a algún equipo inscrito que estea adestrando, tomarase nota da infracción e aplicaranse as sancións correspondentes segundo o regulamento vixente.


Pedimos responsabilidade a todos os participantes e respecto pola normativa e polos veciños das zonas afectadas".


A organización.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page