top of page

Rafael Cuíña, de Compromiso por Lalín, deixará a política o vindeiro ano

Ecos da Comarca/Lalín

O líder de Compromiso por Lalín e exalcalde deste concello, Rafael Cuíña, anunciou este sábado a través das redes sociais de que deixará a política cando remate este mandato e non se presentará aos vindeiros comicios municipais.

O seu comunicado:

"Hai dous anos aproximadamente comuniqueilles aos meus compañeiros de grupo municipal a miña intención de non volver presentarme nas próximas eleccións municipais de Lalín. Foi despois dunha fonda reflexión e de compartir coa miña familia e achegados que a miña etapa na política municipal debe rematar dentro dun ano, cando así o faga este mandato.


En tempos do que algún sociólogo cualifica como “sociedade líquida”, resulta sumamente complicado -polo menos para min- o exercicio da política desde posturas completamente inmobilistas e uniformes. Porque ademais da ideoloxía e dos valores, a política tamén a condicionan os momentos, as circunstancias vitais e as propias persoas. Por iso, máis que como un sinal de incongruencia, sempre defendo calquera evolución persoal como un mecanismo de aprendizaxe, de adaptación e incluso de superación.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Lalín non é unha praza fácil para desenvolver políticas de consenso por riba de intereses partidarios, como levo intentado dende o primeiro día e, como sabedes, aínda máis no presente mandato. A polarización que se ve na política española sen dúbida trasládase tamén ao noso Concello, no que semella que algúns non entenden que sumar é o que demanda unha sociedade cansa de tanto enfrontamento e de tanta mediocridade televisada.


Non serei candidato á Alcaldía de Lalín, nin irei en ningunha lista electoral. Iso si, só teño para o resto da miña vida palabras de agradecemento para o pobo de Lalín e a inmensa honra de ter sido o seu alcalde, orgullo que levarei ata o derradeiro día da miña vida.

E como non, grazas de corazón a todas e todos os que me apoiaron, o meu respecto aos que non me entenderon e desculpas sinceras polos erros que sen dúbida tiven. A pesar deles, teño o convencemento de que esta etapa política resultou útil para contribuír a Lalín sexa mellor.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Quero agradecer a todos os concelleiros e concelleiras que formaron o goberno de coalición, entre os que deixei amigas e amigos para toda a vida, e tamén aos que estiveron comigo na oposición. Só teño inmensa gratitude este mandato para Teresa, Iria e Miguel, me me demostraron lealdade e comprensión na liña que marquei. E quero agradecer o traballo de Teresa Varela, que finalmente decidiu coller outro vieiro no seu labor de oposición, e que ten todo o meu respecto e afecto persoal.


Todo isto non significa que vaia deixar a política dentro dun ano, porque sabedes que é un mundo que me gusta e porque, modestamente, penso que aínda podo axudar. Onde toque, cando toque e co convencemento de que o futuro dirá, mais será sempre tendo presente de onde veño, para que sexa lexítimo onde vou.


Vémonos coma sempre nas rúas de Lalín e sigo ao voso dispor".


Rafael Cuíña Aparicio



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page