top of page

Radoslw Lisiecki do IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín) gaña un bronce no SpainSkills 2026

Ecos da Comarca/Lalín

A Xunta salienta o éxito acadado pola selección galega no campionato estatal SpainSkills 2026 como unha demostración da Galicia Calidade na Formación Profesional ao alzarse con sete medallas nesta edición a razón de dúas de ouro, outras dúas de prata e tres de bronce. En concreto, das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa veu un bronce para Lalín.

Estes logros avalan a aposta do Goberno da Xunta por unha Formación Profesional moderna, innovadora e conectada co tecido produtivo que destaca, especialmente, pola implicación tanto do alumnado coma do profesorado.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP encabezados pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, acompañaron aos equipos participantes na competición durante estes días e aproveitaron para felicitar aos gañadores polo talento, a capacitación técnica e a excelencia demostrada.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa participou o alumno Radoslw Lisiecki do IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín) na especilidade Desenvolvemento web e logrou un bronce.





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page