Queremos Parcelarias en Agolada dá a coñecer o programa das súas xornadas do día 12
- Laura Moure

- 3 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Agolada
A Asociación Queremos Parcelarias en Agolada organiza as primeiras xornadas formativas que levan por título Un rural con futuro onde se exporán e debateran unha gran variedade de temas colindantes co mundo rural e co seu futuro e necesidades de futuro, da man de expertos e representantes de diversos sectores. Esta iniciativa terá lugar o día 12 en Agolada.

O colectivo deu a coñecer o programa da cita:
11:00 horas: Benvida e presentación das xornadas a cargo de Juan Carlos Sánchez Fuciños, presidente de asociación Queremos Parcelarias en Agolada.
11:15 horas: Intervención A oportunidade dos abonos orgánicos fronte a crise enerxética”, a cargo de Juan Carlos Insua, enxeñeiro agrónomo do C.I.A.M.
11:40 horas. Intervención Opcións para a mellora das bases territoriais das explotacións, a cargo de Kiko Ónega, enxeñeiro agrónomo do Laboratorio de Territorio da USC e membro da asociación Europea da innovación.
12:10 horas. Intervención A pluriactividade no medio rural, a cargo de Marcos Vázquez Marey, enxeñeiro, técnico agrícola e director MUVLICA.
12:40 horas. Coloquio-Mesa redonda, na que participarán os tres poñentes, representante do sector cooperativista, representante da Asociación e moderará Eloi Villada Legaspi, extécnico agrícola e membro da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes.
14:00 horas. Peche da sesión matinal e pausa para xantar.
14:30 horas. Xantar.
17:00 horas: Intervención O castaño de froito, unha alternativa rendible en Galicia”, a cargo de Manuel López Vilariño, secretario da IXP Castaña de Galicia
18:00 horas. Clausura das xornadas, a cargo de Luís Calvo, alcalde de Agolada.
NOTICIA RELACIONADA:







Comentarios