Queda suspendida a Feira de Gando do 1 de novembro en Monterroso
- ecosdacomarca

- hace 9 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
O Concello de Monterroso informa que queda suspendida a Feira de Gando do vindeiro 1 de novembro da Feira de Santos, pero recalca que se mantén o resto das actividades desta cita tan importante para o municipio.

A medida ten carácter temporal e preventiva e responde á necesidade de garantir a seguridade sanitaria dos animais e do sector gandeiro ante a dermatose nodular contaxiosa.
Publicidade
Cabe lembrar que a Consellería do Medio Rural amplía o reforzo ante a dermatose nodular contaxiosa (DNC) e suspendeu dende onte, día 27 de outubro, todas as feiras, certames, poxas, mercados e concentración de gando en Galicia, co fin de protexer á cabana gandeira galega. Está tamén prohibida a entrada na comunidade de animais procedentes de explotacións situadas nas zonas declaradas como restrinxidas á DNC.
Publicidade
Estas medidas preventivas terán unha vixencia de 21 días, que poderá prorrogarse de acordo coa evolución epidemiolóxica da doenza.









Comentarios