Prohibido o baño na praia fluvial do Pozo do Boi a causa de contaminación microbiolóxica
- ecosdacomarca
- hace 17 horas
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
A autoridade sanitaria, a través do departamento territorial da Consellería de Sanidade, notificou a existencia de contaminación microbiolóxica na praia fluvial do Pozo do Boi, situada na parroquia de Vilatuxe (Lalín), debido á presenza de bacterias enterococos intestinais, o que pode afectar a saúde das persoas.

PUBLICIDADE
Como consecuencia desta incidencia, queda prohibido o baño ata novo aviso, segundo informou o Concello de Lalín a través das súas redes sociais.
PUBLICIDADE
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Os enterococos son bacterias utilizadas como indicador da calidade sanitaria das augas de baño e a súa presenza en niveis elevados pode supoñer un risco para a saúde das persoas, polo que as autoridades recomendan respectar a prohibición mentres non se confirme que a auga volve cumprir cos parámetros establecidos.
PUBLICIDADE
O Concello de Lalín solicita á veciñanza e ás persoas usuarias desta zona de lecer que atendan a sinalización e eviten o baño ata que a Consellería de Sanidade comunique que a contaminación foi resolta e levante a restrición.





