top of page

Prohibido o baño nas piscinas da Carixa a causa dun vertido de purín

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Na zona xa se indica a prohibición. Autor: Protección Civil de Vila de Cruces.

Protección Civil de Vila de Cruces informou esta mañá, a través do seu perfil de Facebook de que "queda prohibido ata novo aviso o baño nas piscinas de A Carixa por causa dun vertido".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Tal e como nos indicou a este medio Protección Civil do municipio trátase dun vertido de purín. Onte xa estiveron no lugar a Policía Autonómica, Augas de Galicia e o Seprona. "Hoxe pola mañá volveron os técnicos de Augas de Galicia e mandaron baleirar as piscinas e precintar a zona de baño no río. Están intentando localizar o punto onde se fixo o vertido", explica Protección Civil.


A área recreativa da Carixa está situada na parroquia cruceña de Merza e é un dos atractivos turísticos da comarca de Deza máis visitados durante o verán.

 
 

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page