top of page

Prohibido o baño na área recreativa de Brocos, en Agolada, por presenza de cianobacterias

Ecos da Comarca/Agolada

A área recreativa de Brocos, no concello de Agolada, figura desde este 3 de xullo de 2026 entre as zonas de baño de Galicia con nivel amarelo de risco por proliferación de cianobacterias, segundo a última actualización publicada pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.

Foto de arquivo de Brocos. Autor: Ecos da Comarca.
Foto de arquivo de Brocos. Autor: Ecos da Comarca.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

No informe oficial, a zona de Brocos, situada no encoro de Portodemouros, aparece cunha recomendación de prohibición do baño, ao detectarse unha situación de risco moderado para a saúde derivada da presenza destas bacterias na auga.

Presenza de cianobacterias no encoro. Foto do 3 de xullo 2026. Autor: Ecos da Comarca.
Presenza de cianobacterias no encoro. Foto do 3 de xullo 2026. Autor: Ecos da Comarca.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As cianobacterias poden provocar efectos adversos a curto prazo, como irritación da pel e trastornos gastrointestinais, e, segundo recolle a propia Xunta, no nivel amarelo recoméndase desaconsellar o uso da zona de baño e reforzar a vixilancia ante a evolución do episodio.


De feito, un agoladés padeceu importantes lesións de pel nunha perna. "Foi consecuencia das cianobacterias. Así o demostran os resultados. Tiven que pasar 10 días no hospital con antibióticos en vena e tratamentos dal pel", asegura.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Na mesma actualización tamén se inclúen outras zonas de baño galegas con distintos niveis de risco, aínda que no caso de Brocos a situación leva aparellada de maneira expresa a prohibición do baño.

A Consellería de Sanidade lembra a importancia de respectar a sinalización e as indicacións das autoridades sanitarias para evitar riscos para a saúde, especialmente en espazos de baño interior durante os meses de verán.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page