Laura Moure/Melide

O Concello de Melide informa que hoxe, mércores, comezaron os traballos de mantemento e rehabilitación do firme da estrada N-547 ao seu paso por esta localidade.
"É moi importante respectar as indicacións de non estacionar a ambas marxes da estrada N-547 para evitar danos nos vehículos", sinala o Concello.
A empresa encargada de realizar os traballos e a Policía Local deste municipio levarán a cabo un dispositivo especial para desviar o tránsito pola zona da feira, tal como se realiza durante as festas de San Roque.
NOTICIA RELACIONADA:
Comezo das obras de arranxo deste vial en Arzúa: https://www.ecosdacomarca.com/post/arrancan-as-obras-de-rehabilitaci%C3%B3n-da-n-547-unha-vella-demanda-dos-concellos-de-arz%C3%BAa-e-melide
Comentarios