top of page

Prodúcense tres novos roubos en vivendas na comarca de Deza

Ecos da Comarca/Lalín

O pasado domingo, o Concello de Silleda fixo un chamamento á prevención logo de detectarse roubos no municipio que seguen o mesmo patrón que outros casos rexistrados nas últimas semanas en varios municipios da contorna. Agora a Garda Civil sinala que nos últimos días se produciron ao menos outros tres roubos na comarca de Deza.

Así, na tarde de pasado sábado, arredor das 19:00 horas, rexitráronse roubos en dúas vivendas dun mesmo edificio situado no casco urbano da localidade. En ámbolos dous casos notificouse a subtracción de xoias e diñeiro en efectivo.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Pois agora tamén se coñece que na comarca de Deza se rexistraron ao menos outros tres roubos en casas. Neste caso, nas parroquias lalinenses de Carragoso e Moneixas. 

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

As autoridades e o Concello de Silleda piden precaución e estar alerta ante calquera aspecto raro que se poida detectar.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page