Probas de Sobrado e do Pino conforman o Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña en 2026
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Son a X Corretroita Popular Concello de Sobrado e a XXI Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino
Ecos da Comarca/C.Arzúa/Terra de Melide
A Deputación da Coruña publicou o luns 6 de abril no Boletín Oficial da Provincia a relación de probas que integran o XII Circuíto de Carreiras, unha iniciativa consolidada que volverá levar o atletismo popular a 36 concellos da provincia ao longo de 2026 e que o pasado ano reuniu a arredor de 18.000 atletas de todas as idades. Entre eles figuran probas dos concellos de Sobrado dos Monxes e do Pino.

As carreiras desta edición comezaron xa esta pasada fin de semana coa celebración da Carreira Popular Pascua de Padrón, unha das probas máis consolidadas do calendario.
PUBLICIDADE

O circuíto estará composto por 36 carreiras, que se celebrarán en diferentes concellos coruñeses e que incluirán probas de distintas distancias, adaptadas a diversos niveis de participación. Das comarcas de Arzúa e Terra de Melide figuran:
X Corretroita Popular Concello de Sobrado que será o 8 de agosto
XXI Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino que se disputará o 20 de setembro.
A relación completa de carreiras é a seguinte:
Publicidade
O deputado de Deportes, Antonio Leira, destaca "a boa acollida que ten cada ano o circuíto e o traballo conxunto entre a Deputación, os concellos e a Federación Galega de Atletismo para garantir probas ben organizadas e abertas a todo tipo de participantes".
O XII Circuíto manterá o seu carácter aberto, con categorías para diferentes idades e niveis, consolidando un calendario deportivo presente en toda a provincia ao longo do ano.







Comentarios