Pro Diva gaña o primeiro premio do Concurso de Escaparates de Nadal de Melide 2025/2026
- ecosdacomarca

- hace 12 horas
- 1 Min. de lectura
O segundo foi para Intres Fotografía e o terceiro para a Carnicería Cardelle
Ecos da Comarca/Melide
Pro Diva vén de alzarse co primeiro posto no Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Melide 2025-2026. Tamén se fixera co segundo galardón hai dous anos.

Nos vindeiros días publicaremos vídeo do escaparate gañador.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O Concello fixo público onte os resultados. O xurado outorgou o segundo e terceiro premio a Intres Fotografía e a Carnicería Cardelle, respectivamente. (Cabe mencionar que o ano pasado estes dous últimos tamén gañaran, ocupando o segundo posto Cardelle e o terceiro, Intres).
Publicidade
O primeiro premio do concurso ten un valor de 1.000€; o segundo premio é de 500€ e o terceiro premio de 250.

Publicidade

Moitos parabéns a todos!








Comentarios