top of page

Primeira vitoria do silledense Christian Costoya na F4

Ecos da Comarca/Silleda

Con apenas 15 anos, o silledense Christian Costoya, toda unha promesa do automobilismo español, segue recolectando éxitos. Na actualidade forma parte do programa de McLaren e conseguiu onte a súa primeira vitoria na Fórmula 4

Christian Costoya. Fonte: Concello de Silleda.
Christian Costoya. Fonte: Concello de Silleda.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O piloto de Trasdeza logrou a súa primeira vitoria na segunda carreira da terceira cita do campionato, un éxito especialmente significativo ao tratarse dun debutante con moi poucas probas ás costas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Partindo desde o segundo posto da grella, adiantouse nada máis comezar a carreira e situouse en cabeza desde a primeira curva. A pesar da aparición temperá do coche de seguridade, soubo manter o control da proba e xestionar a vantaxe con madurez, resistindo o empuxe dos seus rivais ata cruzar primeiro a liña de meta.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

"O desportista silledense convertiuse hoxe no campión máis novo na historia da F4

Con só 15 anos e sendo un roockie gañou a súa primera carrer 1° Absoluto e 1° Roockie.

Parabéns", sinala o Concello silledense. Dende o equipo de ECOS DA COMARCA: Moitos parabéns!



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page