Laura Moure/Rodeiro
A primeira semana da novena edición do Rodeiro de Tapas foi un éxito. "Nunha fin de semana de bo tempo que comezaba na tarde noite do venres, parece que demostrou que a xente tiña ganas de que a actividade gastronómica voltase ó concello. De feito, para moitos locais a previsión desbordou e fixo que moitos quedaran sen tapas", indica o Concello. "Os cantos de taberna que abrían a primeira xornada, foron un verdadeiro éxito e encheron de música e festa todos os establecementos de Rodeiro", engade.

Na xornada do sábado, foi turno do xurado profesional, que percorreu todos os locais participantes para valorar as propostas desta edición. Loly Gómez, Susana López, José Crusat, Vane Rivas, Jose Antonio Domínguez e Victor Blanco foron os encargados de decidir cal eran as mellores tapas desta edición. Todos coincidiron na calidade das propostas e no grado de implicación de todos os establecementos. Así o mostraron a través das súas redes sociais que xeraron un volume de tráfico importante para a difusión do concurso.
"Preto de 3.500 tapas servidas nunha fin de semana na que había moita actividade nos concellos limítrofes". son datos máis que satisfactorios para o concelleiro Pablo Sobrado que ten posta xa a vista na vindeira fin de semana que abrirá o venres co concerto de Roi Casal "e que de seguro atraerá a máis visitantes a Rodeiro".
NOTICIA RELACIONADA:
Comments