top of page

O Rodeiro de Tapas celebrarase os días 6, 7, 8, 13, 14, 15, 16 e 17 de maio

Nesta nova edición participarán 13 locais de hostalaría


Laura Moure/Rodeiro

O Rodeiro de Tapas volve este ano. O concurso será os días 6, 7, 8, 13, 14, 15, 16 e 17 de maio e celebrará a súa novena edición. Participarán un total de 13 locais de hostalaría.

Os horarios das tapas serán inicialmente de 13:00 a 15:00 e 19:00 a 23:00, pero a organización irá informando de cambios a través das redes e o precio das tapas será de 2 euros.


No caso das papeletas, poderase cubrir unha papeleta por cada tapa consumida, mentres que os pasaportes deberán estar cubertos con todos os establecementos para ser válidos para o sorteo, e depositaráse en calquera das urnas dos locais participantes. Tanto papeletas como pasaportes deberán estar perfectamente cumplimentados para entrar no sorteo, tendo como mínimo nome, teléfono de contacto e procedencia, e a votación deberá ser válida, senón pasará a ser nulo.

O venres 6 haberá Cantos de Taberna para amenizar o arranque do concurso. O xurado profesional fará a súa función o día 7 de maio e estará composto por seis persoas. De momento, están confirmados Loly Gómez Oviedo, Susana López Carbia, Vane Rivas de Festigaleiros e Jose Crusat Gonzalez Adega Entreosrios S.L.


Os participantes e as súas elaboracións son: o restaurante A Latiza co seu Cachopito; o pub Quirós con O noso pastrami; o bar Desito con Pizza carnívora; Casa Sánchez con Cacheirito’s; o Pub Gallaecia con Enrola-dos; Bruxas y Curuxas, Recuncallo; Cabalos do Faro, Cunca quente; As Carpinteiras, Piruletiña; A Esmorga, Bacallau serrano; O Recanto, Taco Recanto wey; Parrillada Maranteiro, Volando voy; el Bar Dacal, Tente en pie e por último, Casa Achacán, Brunch Cambote.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page