top of page

O GTR Galaico Trail Run sobe a Pena Trevinca e percorre o Lago de Sanabria

hace 10 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Deza

O GTR Galaico Trail Run realizou a pasada fin de semana unha nova saída organizada para os seus socios, cunha intensa xornada de montaña que os levou ata Pena Trevinca, o cumio máis alto de Galicia, e unha ruta polo contorno do Lago de Sanabria.

Os participantes nesta aventura.
Os participantes nesta aventura.

A actividade comezou o sábado cun percorrido de 25 quilómetros que tivo como obxectivo alcanzar o pico de Pena Trevinca, situado a 2.127 metros de altitude. Un reto esixente para os integrantes do club, que puideron gozar da montaña e dos seus espectaculares paisaxes.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O domingo, a expedición continuou coa realización dunha ruta pola contorna do Lago de Sanabria, completando así unha fin de semana dedicada ao deporte, á natureza e á convivencia entre os membros da entidade.


Esta foi a segunda saída organizada polo GTR Galaico Trail Run no que vai de ano, despois da realizada aos Picos de Europa. Estas iniciativas forman parte da actividade do club, que compaxina este tipo de encontros entre os seus socios coa participación nas numerosas carreiras de montaña nas que toma parte ao longo da tempada.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Deste xeito, o GTR Galaico Trail Run continúa fomentando a práctica do trail running e o descubrimento de novas rutas e cumios, combinando o deporte coa convivencia e o contacto coa natureza.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page