Prende lume nunha vivenda da parroquia de Porta, en Sobrado
- ecosdacomarca

- 14 ene
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Sobrado
Este mércores orixinouse un lume nunha vivenda de Sobrado. O 112 Galicia foi alertado pouco despois das 16:36 horas por un particular.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Na súa chamada, esta persona indicoulle ao 112 que estaba ardendo a cheminea dunha casa, pero que xa non había ninguén no interior da vivenda.
Publicidade
Con estes datos, o 112 Galicia mobilizou aos bombeiros de Arzúa, ao GES de Curtis e a Garda Civil. Cando chegaron os servizos de emerxencia, tal e como indica o 112 a este medio, xa conseguiran apagar o lume e procederon a ventilar a vivenda e facer tarefas de medición.
Publicidade
O suceso ocorreu na parroquia de Porta, no lugar de Lodeiro de Arriba.








Comentarios