top of page

Prende lume nunha chimenea en Melide

Ecos da Comarca/Melide

Este luns orixininouse un incendio nunha chimenea dunha vivenda de Melide. Esta está situada na estrada dirección Lugo, preto do polígono industrial, tal e como informa o 112 Galicia. O suceso tivo lugar ao redor da unha do mediodía.


Foi un particular o que deu aviso ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE 112 Galicia) onde indicaba que lle prendera lume na chimenea de casa e non sabía como actuar.


O 112 mobilizou aos bombeiros de Arzúa, á Policía Local e a Protección Civil de Melide e á Garda Civil. Os bombeiros, durante o traxecto para desprazarse ao lugar, foron explicándolle ao dono da vivenda como tiña que actuar para non correr ningún risco.


Tempo despois, os bombeiros comunicáronlle ao 112 Galicia que só ardera a chimenea e que fora a causa da feluxe, pero que por sorte non houbo que lamentar máis danos materiais nin tampouco persoais.

Foto de arquivo.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page