top of page

Prende lume nunha cheminea no lugar da Garea, en Melide


Ecos da Comarca/Melide

Onte, xoves, publicamos que se orixinara despois do mediodía un lume nunha cheminea dunha casa de Monterroso. Pola noite, ás 21:00 horas, o 112 Galicia foi alertado polo incendio doutra cheminea, neste caso no concello de Melide.

Foto de arquivo.

"Os bombeiros de Arzúa indicáronos que ardeu a feluxe da cheminea", indica o 112, que foi alertado por un particular. O 112 sinala que non houbo que lamentar máis danos. A casa afectada, tal e como apunta, está situada no lugar da Garea, na parroquia melidense de Gondollín.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O 112 Galicia pasou aviso aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil do municipio.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page